5 días dan para moito nunha cabeza en ocasións demasiado pensante como a miña, aínda que xa se sabe que o refrán di que pensar é de burros. O caso é que estos 5 días paseinos, de mércores a onte domingo, en Corme, e de aí tiña que xurdir algo.
Volvín ó meu faiado, volvín sentir a grandeza do mar e do sol, a pasear polas súas rúas, a falar coas súas xentes... Pero sobre todo volvín a lembrar. E as lembranzas despertaron en min a necesidade de volver escribir algo despois de que o Entroido xa quede ben atrás e a Semana Santa me volva ter parado obligatoriamente.
Nunca se sabe onde un pode atopar inspiración pra escribir. Suso Lista, por exemplo, estou seguro que a atopa nos seus paseos ó muelle, e eu atopeina no sitio no que menos contaba.
Hai un lugar en Corme polo que pasaron todas as xeracións, absolutamente todas. A porta da Ayudantía (ou do que antes era a Ayudantía) foi sempre lugar de reunión. Ten un escalón onde sempre nos sentábamos (e antes ca min xa se sentara meu pai), e no que agora se reúnen rapaces máis pequenos. De ancho pode ter como moito 50 cm. Cando nós éramos da idade dos rapaces que agora se sentan alí, sabíamos que alí cabían tres cús dos nosos. Pois ben, este post de hoxe voullo adicar ó culpable de que o xoves volvéramos a sentarnos alí.
Isma (fillo de Mari de Jorge), Alex (cariñosamente chamado "Peke", fillo de José de Baneira) e o que vos fala (o neto máis vello de Susa da Culilla) pasábamos por diante da Ayudantía despois de ir dar un paseo ó muelle, e o primeiro dixo as verbas máxicas: "Sentámonos aquí un anaco?"
Comprobamos que a pesar dos anos, e de que a porta non ancheara, seguíamos cabendo os tres sentados alí. E eso levounos de novo á nosa infancia...
Lembrámonos de cando a Fonte do Campo só tiña un picho (agora ten catro), de cando o quiosco aínda non o tiña Inma, das zapatillas que tiña Loló na ventana pra vender, dos comentarios da nai de Isma ("non quero verte sentado na porta da Ayudantía"), da sala de xogos, de cando Ricardo non nos servía alcohol, das festas que pra nós remataban como moi tarde ás 2 da mañá, do estreita que é a casa de Rosita de Isabel, e todas as trastadas que facíamos cando éramos pequenos.
Erguémonos despois de media hora alí sentados, e pra non variar a costume, e como no reloxo xa marcaban as 8 da tarde, fomos facer unha pequena ronda, que se alongou ata ben entrada a noite, e con miña nai preocupada porque non aparecín nin pra cear (feito que tamén se repetiría ó día seguinte).
Durante a ronda, cando estábamos na Torriña, chegou o segundo momento de lembrar. Desta vez, tocounos volver ás nosas primeiras saídas a Ponteceso, aínda que máis ca eso, lembramos todos os follóns que tivemos, e caín na conta de que a maioría foron provocados porque había mulleres polo medio (qué casualidade!). Agora vémolos dende a distancia no tempo e parécenos incrible ata os extremos ós que chegamos nalgunhas ocasións, e sobre todo, o inconscientes que podemos ser. E aínda así... qué ben o pasamos!
Moitos quintos despois da parada na Torriña e das lembranzas da Ponte, tocaríame ir pra casa. Deiteime na miña cama do faiado e volvín retroceder ó pasado. A miña memoria tiña o día alegre e traballador, e me levou a aqueles días de verán, a aquela vez na que casi afogo na praia do Osmo, ás fotos cos meus bisavós e avós, ás comidas de miña avoa Angelita coas amigas no Miramar, ós cantares da avoa Esperanza (este frente frentolán, estes ollos de perdís...), ás sidras e ós chupa-chups de meu avó no bar de Ricardo, a piscina desmontable das Forcadas, ós partidos de fútbol no Colexio e ós de beisbol na Ribeira, ás pateadas que nos metíamos pra ir ós jrois (moras, para os castellanitos), ás festas da espuma, ó bote-bote, ó rescate, e ó máis recente paso das 1000 pesetas ós 10 €uros...
Pero sen dúbida, o que máis me alegrou destes 5 días en Corme foi ver que os amigos que alí teño son para toda a vida. Somos coma unha grande familia, que nos xuntamos menos do que deberíamos e quixéramos, pero que cando o facemos é para lembrar que se somos amigos é porque houbo algo hai moito tempo que nos uniu, e que agardo nunca se rompa.
Hoxe, o meu post da ponte de San Xosé adícollo ós meus amigos do pobo, pero sobre todo a Isma, xa que se non fóra por el non me tivera sentado na Ayudantía, non voltaría ó pasado, e non tería escrito este texto. Vai por ti, amigo!
Un saúdo para todos e... VÉMONOS NOS BARES (centros de cultura)

4 comentarios:
Escribíranme moitos comentarios, moitos piropos, moitas cartas, ..., pero nunca nadie conseguira que me emocionara como acabas de facer ti. Acábasme de recordar que co paso do tempo o que queda son os bonitos recordos que vivimos cos amigos, e ti es un amigo, un gran amigo.
Moitas gracias por dedicarme o texto mais fermoso que lein nunca, eres un fenomeno. CLAAAAAARO!
parece que ós de corme vos deron un bebedizo, que non facedes mais que
1. rememorar, e
2. escapar cara a corme cada vez que podedes.
:-)
eu, que nunca estiven en Corme (bueh, estiven un dia ou dous, ou ningún) sei moreas de cousas dalí, e non tanto de agora, coma de hai uns anos. (é o que teñen que che falen mais do pasado ca do presente)
e felicitacións por o faiado!
¿ocupado vivindo?
Gustoume ler o teu post...e claro, lembreime de moitas cousas.
Teño unha dúbida: penso que a fonte do Campo nunca tivo un cano só. Non estou certo, pero xuraría que era dous.
Enviar um comentário