Este post nace no faiado da miña casa de Corme. Para os que non tendes faiado, ou para os que non sabedes o que é, a Real Academia Galega dalle á palabra faiado a seguinte descrición: "Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado".
O venres marchei pra Corme. Pedíamo o corpo. Dieredes vós se non hai mellor época pra ir que agora, no inverno, e pode que teñades razón, mais esta vez era unha necesidade, era un xeito de desconexión, e quizais tamén un punto e aparte despois de 2 meses e medio en contacto directo coa vida laboral, malia que só fósen unhas prácticas.
O camiño xa me ía contando o que me ía agardar aló. Como dicían naquel anuncio de Gadis: "choiva, choiva e choiva". E abofé que chovío.
A soedade dunha casa de tres pisos e un baixo pode ser a mellor das compañías cando a cabeza che di que tes que tomar un respiro. A miña obriga moral era estar na Coruña acompañando a unha gran persoa que estaba de cumpreanos. De feito por ese motivo cheguei a discutir con outra que non o merecía. O meu sitio estaba alí, pero a miña necesidade non.
O venres lembrei unha daquelas tardes nas que o tempo parecía non correr. De feito, cando un está disfrutando realmente poden darse dúas sensacións. A primeira sería esa, esa sensación de que o tempo non pasa. A segunda, que o tempo pasa voando. Por sorte, as derradeiras horas do venres semellaban non querer avanzar no meu reloxo.
Ben entrada xa a madrugada do sábado, entrei pola porta (con maior ou menor dificultade) e baixo unha choiva incesante. Parei no segundo piso. Quentei unha pizza no forno (levaba dende as 3 da tarde sen comer nada), la vei os dentes, e ascendín ó faiado. Abrín a porta dos ceos. Á man esquerda quedábame o que miña nai denomina realmente o faiado, é dicir, a habitación do caos: bicicletas, libros, colchóns, varas pra ir ás barbadas, disfraces antigos, cordas pra tender a roupa...
De frente a porta do baño, e a man dereita a miña habitación, o meu particular piso de solteiro (como xa vos contei algunha vez). Catro paredes retocadas co Alfredinho Style. Unha foto do Che Guevara, un póster da gala Prestixio de Xacarandaina, unha foto de Marlon Brando caracterizado como Il Padrino, un cartaz da Festa do Percebe e dúas bandeiras: a do Dépor e a do Sevilla. O meu particular templo de retiro.
Deiteime na cama e simplemente me deixei levar polo son da chuvia batendo contra a uralita do tellado, o zoar do vento contra as inquebrantables paredes do edificio... Entón sentín verdadeiramente o que é ter a mente en branco, a verdadeira paz interior. Agobiado por mil e unha cousas que teño na cabeza, sentía despois de moito tempo unha sensación inigualable. Algo que non había cartos que o pagasen. Entón ocurríosme comezar a escribir este post.
O son da choiva é algo máxico. De seguro que moita xente non sería quen de pegar ollo esa noite na miña habitación. Nembargantes eu, acostumado dende pequeno a moitos sons da natureza, escoitei 10 minutos daquela maxia que entraba polos meus conductos auditivos e comecei a pechar os ollos lentamente, sen presa, sen agobios. Quería disfrutar ó máximo aquela sensación. A pudredume que tiña na cabeza comezou a salir pouco a pouco. O tímido sol do sábado (xunto cunha pequena dor de cabeza) facíame abrir os ollos pasadas as 12:30 da mañá. Entón abrín a fiestra e volvín contemplar a mellor imaxe que unha persoa pode contemplar na vida. Nada de Torre Eiffel pola noite nin mariconadas desas. Dixen moitas veces que son moi afortunado, xa que non todo o mundo pode levantar a persiana, abrir a fiestra e ter o mar a 10 metros. Contemplar a inmensidade do océano nun minúsculo reducto como pode ser a Ría de Corme (e Laxe), inspirar ben forte e que o aroma a salitre encha os bronquios, ver ás gaivotas deixarse levar polo vento, coma se fósen cometas, coma se alguén as estivera controlando dende abaixo... Voltar a pensar malvadamente e dicir pra ti mesmo: "qué sorte teñen os de Laxe, que cando espertan poden ver enfrente unha das 9 marabillas do mundo" (¿ou acaso pensábades que só había oito?).
Cometerei moitos erros na vida, pero dende logo, cando vexa que a miña propia mente me está jodendo en demasía, acertarei sempre a onde teño que ir. E penso que tampouco está tan mal levar a razón de vez en cando, aínda que sexa dándoma a min mesmo.
Un saúdo para todos e... VÉMONOS NO FAIADO!

1 comentarios:
Non sabes como entendín do que falas neste post.
Hai cousas -como a chuvia no tellado- que a sentiches na infancia, sempre, sempre que se repite, te leva a ise estado anímico... relaxa, reconforta, fai sentir seguridade; o tellado protéxenos, a casa abrazanos.
Enviar um comentário