
Eu nacín en Pontevedra,
crieime xunta Padrón,
tomei amores en Corme
e fun casar a Caión.
---------------------------------
Hoxe volvín a Viena. Acababa de baixarme do bus, procedente de Hungría, e... alí estaba. Nunha cidade chea de cultura, esta era a primeira lección que recibía. E aquí vola poño a vós tamén, que visitades este blog. Parecía que aquela grandísima urbe ía ser unha clase avanzada de historia que duraría 24 horas, tempo que me chegou para ver algunhas das cousas máis importantes de Viena.
Pero o primeiro que vin foi aquela placa. O nome de Friedrich Engels. Decateime de que estaba o suficientemente lonxe da miña cidade como para que un home así lle dera nome a unha praza.
Na miña cidade non pasa iso. Tivemos que esperar a que unha "Coruña 2" (alias Los Rosales) nacese para que xente coma Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou Manuel Azaña lle deran nome a unha rúa.
E bueno... despois da miña segunda viaxe por Viena (esta vez de xeito espiritual), sonou a alarma do móbil para ir a clase. Erguínme da cama cos ollos aínda pechos e botando pé esquerdo ó chan. Sempre me ergo co esquerdo. Dende pequeno. Ó que vou... chego á cociña, bos días mamá, collo un iogur destes que teñen millóns de bichiños dentro que disque fan ben pro corpo e enchufo á radio. Estaba o señor Francino rodeado de 4 ou 5 persoas debatindo sobre o Estatuto andaluz. E esto chama un home de Málaga (penso) e di, para facerme espertar de todo, que Andalucía... ¡tamén é unha nación! ¡E queda máis pancho ca dios!
Eu non daba crédito. A min non me parece mal que os andaluces sexan o que queiran pero de aí a que se comparen con Catalunya, Euskadi e Galiza.... buf, buf, buf.... ¡Chechu no me jodas!
O caso é que aquí por pedir que non quede. ¡Queremos ser unha nación! ¡E ó carallo!
Eu xa llo dixen a miña nai. Mañá pola mañá vou instalar unha peaxe na porta da casa, e tomando o exemplo desa marca de non sei donde que fan muebles coma se os cagaran, vou poñer un cartel: "Benvidos. Quero que a miña casa sexa unha nación. De momento só é unha República Independiente. Se queres apoiarnos manda un sms ó 666 co texo "Alfredinho Nación" e participarás no sorteo dun baño relaxante na poza que hai ó doblar a esquina cando chove".
En fin... o mundo está que tolea. ¿E que me dicides do "Neniño de Gandarío"? Aí, cada vez máis gordo, requetepeinado, coa banda que lle cruzaba polo peito coas cores que el tanto ama, coa cruz de Isabel a moi Católica... alí estaba meu querido Paco con Ratzinger Z... os dous tan amigos... Incluso Sir Paco lle regalou unha imaxe da Virxe do Rosario... que entrañable... e Ratzinger Z dicíndolle a Paco que lle ten que dar uns cachetes a Zapatero, que a relixión é igual que as demáis asignaturas do colexio, que os matrimonios son home e muller, e moitas cousas que como non se resolvan, vai chamar a Afrodita Rouco Varela para que lle bote os "¡peitos fóra!"
E despois da conversa tan interesante que mantuveron, Paco e Benedicto foron tomar unhas copas de lambrusco e foron ó cine a ver a película do momento, que todos sabemos cal é... "Ice age 2"... ¡faltaría máis!
Xa vedes, temos de todo. ¡Ah! ¡Xa se me esquecía! De seguro que paseando pola rúa atoparedes a Mariano (qué nome tan romántico, ¡qué ben rima con todo!) Rajoy (¿ou era Raxoi?) recollendo firmas en contra da independencia de Andalucía:
- "Señor, por favor, unha firma para que España non afunda"
- "Vale, déixeme o boli, ¿pero vostede cree que así pasaremos de cuartos?
Sexa o que sexa, que quede claro que esta semana deu pra moito. E o peor de todo aínda está por vir. Lembrade que nós, os estudantes, aínda temos pendientes as nosas contas cos señores que pasan o día pintando e borrando cousas nos encerados. ¡Sorte pra tod@s!
E agora un remate digno dun post coma o de hoxe, que me divertín tanto escribíndoo:
Si es posible, se debe hacer reír hasta a los muertos
Leonardo Da Vinci
Leonardo Da Vinci










3 comentarios:
República independente da miña puta casa... o dito.
No sei porqué pero este post lembroume algo que me aconteceu en mandril, chegando ao intecambiador de Avda.de América atopei uns rapaces de aspecto "pijipioso" (Véxase Paco.L como exemplo claro)repartindo octavillas contra a disolución de Hespanha co gallo do plan Ibarretxe. Shock cerebral e pregunta:Agora os do PP disfrazanse para isto?. Resposta: non. Eran membros do P.C.E ou algo semellante, non o teño moi claro,uns comunistas de palleiro coma calquera.
Ao caso, collo o folleto sen aprestatarlle moita atención, máis preocupado pola calor que me ía atopar no metro e en apenas dous metros saeme ao paso o compañeiro do anterior, iniciando a seguinte conversa que procuro reproducir fielmente:
Pijipioso 2: ¡Eh compañero, una donación por la revista, para evitar que estos canallas disuelvan y separen Hespanha...
Fernando(Para mín mesmo):Imposto revolucionario... risa interna.
O pijipioso queda agardando e eu respondo.
-Yo lo que viendo siendo es anarquista, si disuelven Hespanha por mí cojonudo(dándolle a revista de volta).
O tipo quédase parado pensando e aínda dende o interior do intercambiador vexoo quieto coa revista na mán, e durante unha décima de segundo penso en chamar ao SAMUR para que o revívan, pero logo volve ao seu posto, demasiados porros... tardou en entender a resposta.
P.D: Perdoa pola chorrada. Un post que fai pensar aínda que sexa en chorradas sempre paga a pena, Graciñas...
Calquera chorrada é benvida, tendo en conta que a vida, en sí mesma, é unha grandísima chorrada
Maldito bastardo...
Enviar um comentário